Escudo das Illas Malvinas

Escudo das Illas Malvinas
Detalles
ArmigerIllas Malvinas
Adoptado29 de setembro de 1948
DivisaDesire the Right («Desexa o xusto»)

escudo das Illas Malvinas foi oficialmente adoptado o 29 de setembro de 1948. Consiste nun barco que representa ó Desire, que segundo o Reino Unido foi o navío co que o capitán británico John Davis descubriu as illas Malvinas en 1592.[1] O lema Desire the Right («Desexa o xusto»), atópase ó pé e tamén fai referencia ó nome do barco. Por último, o carneiro branco representa a cría de ovellas, que sempre foi a principal actividade económica das illas, e a herba verde está como mostra da vexetación autóctona de tussok, existente en todo o arquipélago.[2]

  1. Mathieson, Ian (2003). "Falkland Islands/Islas Malvinas". Americas Review 2003-2004 (en inglés). Kogan Page. p. 316–21. ISBN 9780749440640. Consultado o 12 de setembro de 2014. 
  2. Wagstaff, William (2001). Falkland Islands (en inglés). Bradt Travel Guides. p. 18. ISBN 9781841620374. Consultado o 12 de setembro de 2014. 

Developed by StudentB